por
Ana Sande
Neste terceiro trimestre, o alumnado de 3º da ESO mergullouse no universo visual do recoñecido artista xaponés Takashi Murakami , coñecido internacionalmente pola súa arte chea de cor, iconas pop e influencias do manga. A actividade comezou cunha lectura comprensiva sobre a teoría da COR e un cuestionario teórico sobre esta , que nos permitiu repasar conceptos fundamentais como o círculo cromático , as cores primarias, secundarias, cálidas, frías, complementarias, etc. A seguir, en parella elaboraron unha infografía sobre a vida e a obra de Takashi Murakami , combinando texto e imaxes para sintetizar visualmente os aspectos máis destacados do seu estilo, a súa carreira e a súa filosofía artística. Como actividade final, puxemos en práctica todo o aprendido: cada estudante creou o seu propio círculo cromático inspirado na icónica “Flor de sol” de Murakami . A partir da súa característica flor sorrinte, r...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones