Exposicion conxunta "De Eva a Maruxa" do Consello Municipal da Muller Nova do CIM.
Este curso pasado a coordinadora do Consello Municipal da Muller Nova do CIM de Pontevedra, Montse Fajardo, ofreceunos a posibilidade de participar nunha exposición conxunta con todos os institutos de Pontevedra. O título da exposición foi "De Eva a Maruxa" e tentaba, por un lado rescatar a pioneiras e contemporáneas tanto da pintura como da escultura, a fotografía, etc... e, por outro, analizar como fomos retratadas as mulleres para coñecer e recoñecer o papel da muller artista en distintos momentos da hirtoria da arte. Ao noso centro tocounos investigar o tema da INVISIBILIDADE da muller, as súas causas e polo tanto as súas consecuencias no mundo da arte.
O proxecto foille presentado a todo o alumnado da ESO na materia de Ed. Plástica e Visual. Para burcar a información na que se basearía todo o proxecto e que deberiamos incluír nos dous paneis e que ían representar ao noso centro, ofrecéronse voluntari@s vari@s alumn@s do curso de 3º ESO-B. Ademais, idearon os xogos interactivos que se querían incluír no proxecto e repartiron o traballo entre o resto de compañeiros. Unha vez decidida e recollida a información que se quixo trasladar ao público na exposición, esta foi compartida co resto do alumnado do centro para que comprendera mellor a finalidade do seu traballo na elaboración das imaxes que acompañarían os xogos interactivos. Todas as imaxes foron avaliadas para a nota da materia e moitas delas foron elixidas para participar na exposicion.
A inauguración tivo lugar o 17 de xuño na praza de abastos de Pontevedra á que fomos convidados todos os participantes. Permaneceu todo o verán aberta con grande éxito e agora percorrerá por quendas cada instituto que participou no proxecto.
| .................................................... |
Panel nº 1: principiais factores que favoreceron e agravaron a INVISIBILIDADE das mulleres artistas ao longo da historia. |
INVISIBLAS CON A DE ARTISTAS
A ARTE non só é unha forma de expresión esencial, é ademais a memoria dos cambios da sociedade ao longo da historia. Pero, que papel xogou a muller nesta historia? Foi só musa ou foi ademais creadora? Por que os seus nomes case non aparecen nos libros nin nos museos?
Ao longo da historia, aínda que inicialmente ocuparon os roles pasivos de musas ou modelos, pouco a pouco foron acadando un rol de maior protagonismo. As moitas limitacións sociais, culturais e económicas contribuiron a agravar á súa invisibilidade. Moitos foron os obstáculos que se atoparon para poder amosar e desenvolver todo o seu talento.
Algúns dos principiais factores que favoreceron e agravaron a súa INVISIBILIDADE foron:
1. A falta de acceso á formación: Durante séculos, ás mulleres negáronselles a posibilidade de estudar en academias de arte, especialmente debuxo anatómico, porque estaba moi mal visto que visen corpos espidos. Moitas só podían aprender se nacían nunha familia de artistas e aínda así non obtiveron recoñecemento e foron constantemente infravaloradas.
2. Os roles de xénero: A sociedade esperaba das mulleres que foran boas esposas e nais, pero non artistas. As estritas normas sociais impedían que se puideran dedicar profesionalmente á arte. O tempo que debían dedicar ás tarefas do fogar e aos coidados deixáballes poucas oportunidades para crear.
3. A discriminación nos temas: Os homes podían pintar grandes escenas históricas, relixiosas ou mitolóxicas, que eran as máis valoradas. En cambio, as mulleres tiñan que conformarse con temas “máis femininos”, como bodegóns ou retratos. Isto reforzaba a idea de que as mulleres eran incapaces de crear obras de arte "serias" e "transcendentes".
4. Menos oportunidades e recoñecemento: Moitos concursos, exposicións e encargos importantes eran só para homes. Cando unha muller lograba destacar, con moita dificultade, supoñíase que recibira axuda dun home ou que a súa obra non era tan valiosa. Moitas foron as obras das artistas mulleres que foron atribuidas ao longo da historia a homes, moitas veces do seu círculo familiar.
5. Nos museos e na historia da arte: Durante moito tempo, os libros e os museos só mostraron artistas masculinos. A historia da arte e a crítica tamén estaba dominada por homes que aplicaban criterios diferentes para avaliar o traballo utilizando estereotipos de xénero. As mulleres eran descritas como "emocionais" mentres que os homes eloxiábanse polo seu "intelecto" e "orixinalidade".
A invisibilidade das mulleres no pasado aínda ten un impacto nas mulleres artistas contemporáneas e, a pesar dos avances na loita pola igualdade de xénero, as mulleres artistas seguen téndoó moi difícil no mundo da arte. Por isto, se queremos unha sociedade máis xusta e igualitaria, é fundamental seguir denunciando esta situación e garantindo a presenza das mulleres artistas na educación, nos museos e nas coleccións.
Panel nº 2: Un percorrido polas distintas épocas amósanos como a invisibilidade das mulleres na arte foi unha constante na historia da humanidade: |
INVISIBLAS CON A DE ANÓNIMAS PERO ASOMBROSAS
Sabías que?
Na Prehistoria, ainda que sempre se deu por feito que as pinturas rupestres e as primeiras esculturas foron realizadas por homes, hoxe en día recentes estudos demostran que tanto homes como mulleres participaron na creación artística. A análise das mans estampadas en covas como Altamira indica que moitas pertencían a mulleres, segundo o tamaño e a forma dos dedos.
Na Idade Antiga e Idade Media poucas mulleres puideron adicarse á arte, e moito menos ser recoñecidas como artistas, xa que a arte estaba ligada á relixión e aos diferentes oficios dominados por homes. As poucas mulleres que podían crear facíano como monxas nos conventos ilustrando manuscritos e tecendo tapices, pero case nunca asinaron as súas obras.
No Renacemento e o Barroco (séculos XV-XVII) aínda que algunhas mulleres eran grandes artistas cunha técnica equiparable á dos homes, seguían sendo excluídas das academias, polo que non podían desenvolver a súa carreira profesionalmente nin recibir encargos importantes. As menos, podían formarse en talleres familiares, pero os temas seguían estando retrinxidos a bodegóns e retratos, polo que eran infravaloradas.
No Século XVIII as mulleres continúaron atopando moitas dificultades para desenvolver a súa carreira artística, polo que se vían obrigadas a desafiar as normas sociais para dedicarse á arte. Comezaron a ter máis visibilidade e a ser aceptadas nas academias, pero coa mesma limitación nos temas, o que lles impedía competir en igualdade cos artistas máis prestixiosos. A pesar dos avances, a súa presenza seguía sendo secundaria fronte á dos homes.
No Século XIX as mulleres seguían relegadas a temas “decorativos” como flores ou retratos. Non se lles permitía estudar modelos espidos, o que lles restaba recursos para competir cos homes. A finais do século, as mulleres puideron por fin acceder ás academias e moitas delas participaron en movementos vangardistas, pero o tema das súas obras continuou reducido ao ámbito familiar porque as estritas normas sociais impedían que mantiveran contacto cos homes artistas e pintaran ao aire libre, o que impediu que puideran adicarse de forma profesional á arte.
No Século XX tanto as artistas como as súas obras comezan a adquirir un lugar relevante no ámbito social e artístico. As mulleres artistas comezaron a superar todas as barreiras e estereotipos que as limitaban durante moitos séculos. Exploraron unha ampla gama de temas na súa obra, desde cuestións sociais e políticas ata reflexións íntimas sobre a natureza humana, deixando de limitarse a temas exclusivamente "femininos". O século XX marcou un punto de inflexión cando as mulleres afirmaron con valentía o seu lugar no mundo da arte e cambiaron o seu futuro.
No Século XXI a loita pola visibilidade das mulleres na arte continúa. O feminismo axudou a rescatar artistas esquecidas e a impulsar a igualdade no mundo da arte, pero o desafío actual non é só recuperar a memoria das artistas esquecidas, senón tamén garantir que as novas xeracións de creadoras teñan as mesmas oportunidades para desenvolver a súa carreira e deixar a súa pegada na historia da arte.
Da súa vida e formación coñécese ben pouco. Pertenceu á primeira xeración de artistas europeos especializados en naturezas mortas, un xénero que representa animais, plantas e flores, e outros obxectos (froitas, comida, rochas ou utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas etc.) nun espazo determinado. Foi unha das escasas mulleres que puido adicarse profesionalmente á pintura na Europa Moderna. Grazas ao público demandante dese tipo de arte, adquire unha importante clientela. Probablemente, se vivise na Europa católica, non puidese ter vendido as súas obras. É considerada, polo tanto, como unha “rara avis” dentro do panorama artístico do seu tempo. Pero o máis importante é lembrar que se caracterizou por popularizar o uso do autorretrato agochado nos obxectos que pintaba como unha forma de autoafirmación e profesionalización do seu traballo. No mundo consérvanse trinta e nove obras que se as miras con atención, poderás ver a súa firma, ou unha inscrición, ou a súa propia imaxe reflectida nunha copa de prata, nunha culler ou nunha xerra metálica, pequenos detalles que permitiron atribuírllas. Así que, aínda que si firmaba, non o facía de maneira evidente nin destacada, como facían moitos homes artistas da época, senón que buscaba maneiras máis discretas de deixar constancia da súa autoría.
Non esquezades que na época da que estamos a falar, século XVII, non era frecuente que as mulleres accedesen a estudar nin a producir arte, área dominada polos homes. Houbo mulleres que non asinaron as súas obras ou que o fixeron coma se tratásese dun home para que non perdesen valor. Clara facía todo o contrario e pasou á historia da arte como unha das mulleres que se enfrontou ao poder establecido e á narrativa hexemónica. De todos os xeitos tivo que dedicarse a pintar bodegóns, pois as poucas mulleres que chegaban á arte tiñan terminantemente prohibido pintar corpos que requirían a presenza de modelos espidos. Alguén tan intelixente e soado como Boccaccio chegou a dicir que “a arte é alleo ao espírito das mulleres pois esas cousas só poden realizarse con moito talento, calidade case sempre rara en elas”. Só situándose na mentalidade da época valórase a valentía de Clara Peeters.
Este pequeno libro que tes nas mans, “Onde está Clara Peeters?”, é un xogo visual e un tributo a esta muller afouta e intelixente. Cada páxina é unha invitación a mirar con atención, a descubrir os segredos que se agochan nos reflexos, a buscar a artista que quixo estar sempre presente a pesar das dificultades.
Prepárate para mirar máis alá do evidente, agudiza a vista… e boa sorte na túa procura! Porque, entre xamóns, queixos, froitas, copas e vaixelas relucentes… agóchase Clara Peeters.
Xogo interactivo Dálle a volta á historia onde detrás do retrato de cada home artista famoso hai unha artista muller invisibilizada Giotto di Bondone (1267-1337, Italia) → Claricia (s. XIII, Alemaña). Iluminadora medieval, asinou os seus manuscritos, algo excepcional para unha muller. Leonardo da Vinci (1452-1519, Italia) → Lavinia Fontana (1552-1614, Italia). Considerada a primeira muller en xestionar o seu propio estudo de arte e recibir encargos públicos. Miguel Ángel Buonarroti (1475-1564, Italia) → Sofonisba Anguissola (1532-1625, Italia). Retratista de prestixio na corte de Felipe II de España, ignorada pola historiografía. Caravaggio (1571-1610, Italia) → Artemisia Gentileschi (1593-1653, Italia). Pintora caravaggista que abordou temas de violencia contra as mulleres, pero a súa carreira estivo marcada polo escándalo e a discriminación. Diego Velázquez (1599-1660, España) → Clara Peeters (1594-1657, Bélxica). Foi pioneira no bodegón flamenco, pero o seu nome caeu no esquecemento, mentres que Velázquez se converteu nun mestre da pintura barroca. Jacques-Louis David (1748-1825, Francia) → Adélaïde Labille-Guiard (1749-1803, Francia). Retratista da aristocracia que loitou polos dereitos das mulleres artistas. Foi unha gran retratista en Francia, pero David foi quen dominou a escena artística da Revolución Francesa. Dominique Ingres (1780- 1867, Francia) - Angelica Kauffman (1741-1807, Suiza). Foi unha pintora suíza recoñacida pola súa mestría no retrato e na pintura histórica. Foi unha das poucas mulleres admitidas na Royal Academy de Londres. Francisco de Goya (1746-1828, España) → Rosa Bonheur (1822-1899, Francia). Especialista en pintura de animais, tivo que disfrazarse de home para asistir a feiras de gando e estudar o seu tema. Claude Monet (1840-1926, Francia) → Berthe Morisot (1841-1895, Francia). Fundadora do impresionismo, pero menos recoñecida ca os seus compañeiros homes. Morisot foi unha das poucas mulleres no grupo impresionista, pero Monet recibiu moita máis fama e recoñecemento. Edgar Degas (1834-1917, Francia) → Mary Cassatt (1844-1926, EEUU). A americana Cassatt formou parte do impresionismo, pero a súa obra foi considerada “arte menor” por tratar temas femininos. Pierre-Auguste Renoir (1841-1919, Francia) → Suzanne Valadon (1865-1938, Francia). Valadon comezou como modelo antes de ser pintora, pero Renoir, que tamén pintaba mulleres, foi moito máis recoñecido. Joan Miró (1893-1983, España) → Maruxa Mallo (1902-1995, España). Foi unha artista galega principalmente surrealista.. A súa obra destaca pola influencia da natureza e a reivindicación da liberdade. Wassily Kandinsky (1866-1944, Rusia) → Hilma af Klint (1862-1944, Suecia). Creou arte abstracta antes ca Kandinsky, pero foi ignorada durante décadas. Piet Mondrian (1872-1944, Paises Baixos) → Tamara de Lempicka (1898-1980, Polonia) considerada unha das maiores representantes do estilo art déco . Foi a artista favorita de moitas estrelas de Hollywood. Pablo Picasso (1881-1973, España) →Sonia Delaunay (1885-1979, Ucraína). Innovadora na arte abstracta e o deseño. Traballou na abstracción e o orfismo, pero Picasso monopolizou a atención da época. Salvador Dalí (1904-1989, España) → Dorothea Tanning (1910-2012, EEUU). Destacou no surrealismo, pero foi eclipsada por homes como Dalí. Marc Chagall (1887-1985, Bielorrusia) → Charlotte Salomon (1917-1943, Alemaña). Foi unha artista xudía que creou unha obra autobiografica combinando música, texto e pintura antes de ser asasinada en Auschwitz. Andy Warhol (1928-1987, EE.UU.) → Miriam Schapiro (1923-2015, Canadá). Precursora da arte feminista e o pattern and decoration. .................................................................. |
Xogo de memoria de PARELLAS DE ARTISTAS na que os homes eclipsaron ás súas compañeiras ou mesmo se apropiaron do seu traballo: |
A súa implicación, responsabilidade e entusiasmo fixeron posible o éxito da exposición conxunta cos demais institutos de Pontevedra, da que poden sentirse verdadeiramente orgullosos. A min, dende logo, así me fixeron sentir ao longo de todo o proceso, cando nos veu visitar Montse Fajardo ao colexio para ver o noso traballo, cando presentei o proxecto rematado como boa practica a todo o profesorado, cando o presentei na rolda de prensa do Concello e no día da exposicion, no que as alumnas e os alumnos que expoñían as súas obras participaron e colaboraron co resto do alumnado dos demais institutos e o pasaron de marabilla. Toda unha experiencia!!