Rosas con espirais de 3º ESO


    Neste terceiro trimestre o alumnado de 3º ESO creou un florido mural para celebrar a chegada da primavera con un cento de rosas elaboradas con espirais. Primeiro, en debuxo técnico, aprenderon a trazar varios tipos de espirais. Despois debuxaron un destes tipos en folios de cores ou cartolinas. Recortáronas para enroscalas e crear así as fermosas rosas que pegaron nas letras que compoñen a palabra: "PRIMAVERA".