
Este ano, os alumnos de
1º da
ESO A fixemos un
PROXECTO de plástica cos rapaces de tres anos. Tivemos que realizar un
gran mural para decorarlles a parede do corredor que hai preto das súas aulas. Asociamos grupos cooperativos de meniños de infantil con grupos cooperativos de 1º ESO para elaborar entre todos o mural. Os pequenos tiveron que elexir, finalmente, de entre os proxectos de cada grupo o que quixeron que se colgara na parede.
1º- Fixemos os
grupos cooperativos e decidimos o
boceto inicial de grupo para presentarllo aos meniños de tres anos e así, recoller máis ideas entre todos.
2º- Presentamos os
bocetos e consensuamos, cos rapaces de tres anos, ideas novas para realizar o
proxecto en cartolina para terían que elexir
un deles.
3º- Xa co novo boceto, baseado nas ideas recollidas anteriormente, cada grupo comezamos o
proxecto en cartolinas:
4º- Presentamos cada grupo, por fin, os Proxectos aos rapaces de tres anos e estes elexiron o traballo que máis lles gustou:
5º - Entre
TODOS elaboramos o
Proxecto elexido con Goma Eva e cun tamaño de 4x1,4 metros:
E este é o INCRIBLE, ORIXINAL E FANTÁSTICO RESULTADO FINAL: