Recuperación de setembro


TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA DE Ed. PLÁSTICA, VISUAL e AUDIOVISUAL EN SETEMBRO (1ºESO)

  1. Realiza nunha lámina un debuxo libre con puntos das tres cores primarias MAXENTA, CIÁN, AMARELO e mais o NEGRO (tes que cubrir toda a lámina e mesturalos, lembra que quede moi limpo e utiliza rotuladores de grosor medio). Tes exemplos en scpplastica.blogspot.com
  2. Debuxa nunha lámina en grande o teu nome (tipo graffiti) e decórao con liñas de varias cores que encha tamén o fondo da lámina (mellor con rotuladores). Podes colocar as liñas en diagonal, vertical, horizontal, cruzalas…
  3. Nunha folla de cadros realiza filigranas de cores. Realiza a lo menos 16 de varias dificultades e que vaian dun lado a outro da folla.
  4. Fai un debuxo dun animal con degradados tendo en conta como se traballa co lapis 4B ou 6B (podes buscar calquera debuxo en internet pero que teña algunha sombra). Podes empregar o difumino ou un pano de papel para difuminar o lapis. Recorda limpar ben ao final a lámina coa goma maleable ou a goma normal pero que non queden faragullas.
  5. Baixa o grao de ICONICIDADE do animal da lámina anterior elaborando unha composición con recortes de cartolinas de cores e texturas (recorta primeiro os elementos, fai despois a composición que máis che guste e finalmente pega con coidado). Que non queden manchas depegamento.
  6. Realiza un cómic de 3 a 6 viñetas na que contes a historia que ti queiras. Lembra incluír globos para os diálogos, onomatopeias e liñas de acción.
  7. Crea una obra abstracta con témperas nunha lámina. Ponlle un título que aluda ós sentimentos. (Tes exemplos en scpplastica.blogspot.com)
  8. Fai un debuxo LIBREe coloréao.
  9.  Fai nunha lámina os seguntes POLÍGONOS REGULARES: un triángulo equilátero, un cadrado, un pentágono regular e un hexágono regular. Pásaos a tinta (se non es capaz de pasalos a tinta 0,8, entrega a que intentaches a tinta e outra a lapis). Podes atopalos en youtube se perdiches os apuntes.
  10. Realiza agora cos polígonos regulares anteriores un debuxo libre. Coloréao


OBSERVACIÓNS: 

Entrega TODO nunha CARPETA co teu nome. Ponlle o número de traballo a cada lámina que corresponda. Non se dará por válida ningunha lámina que se presente sen rematar. Fíxate bennas pautas que che dou en cada traballo. É OBRIGATORIO ENTREGAR AS DEZ LÁMINAS NO DÍA ACORDADO DE SETEMBRO. Lembra que tes exemplos dalgún traballos en scpplastica.blogspot.com



  TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA DE Ed. PLÁSTICA, VISUAL e AUDIOVISUAL EN SETEMBRO (3ºESO) 
1.  Elixe un animal e debúxao catro veces baixándolle cada vez máis o GRAOde ICONICIDADE. Emprega o lapis 4B ou 6B e difumina o grao máis alto. Intenta que o grao máis baixo pareza un logotipo.

2.  Inventa unha EMOTICONAque penses que aínda non existe en whatsapp e escribe debaixo unha breve explicación do seu significado.

3.  Crea un SÍMBOLOpara o cambio climático. Podes realizalo con rotuladores ou con recortes de cartolinas.

4.  Elabora un CÍRCULO CROMÁTICOcon témperas

5.  Crea un CADRO ABSTRACTOcon témperas.Inclúe algun rasgado e algunha textura visual (recorte dun xornal ou revista, unha tea…) Ponlle un título que aluda a algún sentimento.

6.  Realiza un CADRADOde 18x18cm e divídeo en 9 partes iguais. Cada parte divídea de novo e outras 9 partes. Realiza dentro un SUDOKUde cores (cúbreo primeiro con números e substitúe despois estes por cores).

7.  Debuxa en catroláminas as 4 formas de facer unha ESPIRAL. As podes atopar en Internet en Youtube.

8.  Debuxa agora dous ÓVALOSnunha mesma lámina. (Tamén os tes explicados en internet se non te acordas como se fan)

9.  Elabora un traballo A MAN, non a ordenador sobre as leis da GESTALT. Elixe 7 delas, explícaas e busca unha imaxe para cada unha  que sirva de exemplo


10.Elabora un traballo A MAN, non a ordenador, no que contes a Historia do Cine(abonda con dúas páxinas). Os seus comenzos, o paso do cine mudo ao cine sonoro e ao cine de cor (thecnicolor)

             
Entrega TODO nunha CARPETA co teu nome. Ponlle o número de traballo a cada lámina correspondente. Fíxate ben nas pautas que che dou en cada traballo. É OBRIGATORIO ENTREGAR OS TRABALLOS NO DÍA ACORDADO DE SETEMBRO. 



TRABALLO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA PARA PENDENTES DE 3º DA ESO -SETEMBRO-


1.  Inventa unha EMOTICONAque penses que aínda non existe en whatsapp e escribe debaixo unha breve explicación do seu significado.

2.  Elabora un círculo cromáticocon témperas

3.  Crea un cadro abstractocon témperas.Inclúe algun rasgado e algunha textura visual (recorte dun xornal ou revista, unha tea…) Ponlle un título que aluda a algún sentimento.

4.  Debuxa en catroláminas as 4 formas de facer unha espiral. As podes atopar en Internet en Youtube.

5.  Debuxa agora dous ÓVALOSnunha mesma lámina. (Tamén os tes explicados en internet se non te acordas como se fan)

6.  Elabora un traballo A MAN, non a ordenador, no que contes a Historia do Cine(abonda con dúas páxinas). Os seus comenzos, o paso do cine mudo ao cine sonoro e ao cine de cor (thecnicolor)
  
Entrega TODO nunha CARPETA co teu nome. Ponlle o número de traballo a cada lámina que corresponda. Fíxate bennas pautas que che dou en cada traballo. É OBRIGATORIO ENTREGAR AS LÁMINAS NO DÍA ACORDADO DE SETEMBRO