Criterios de Avaliación EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL



CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1º ESO

Bloque 1. Expresión plástica 

B1.1. Identificar os elementos configuradores da imaxe. 

B1.2. Experimentar coas variacións formais do punto, o plano e a liña. 

B1.3. Expresar emocións utilizando distintos elementos configurativos e recursos gráficos: liña, puntos, cores, texturas, claroscuros, etc. 

B1.4. Identificar e aplicar os conceptos de equilibrio, proporción e ritmo en composicións básicas. 

B1.5. Experimentar coas cores primarias e secundarias. 

B1.6. Transcribe texturas táctiles a texturas visuais mediante as técnicas de frottage, utilizándoas en composicións abstractas ou figurativas. 

B1.7. Coñecer e aplicar as posibilidades expresivas das técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas: témpera, lapis de grafito e de cor; colaxe.

            Bloque 2. Comunicación audiovisual 

B2.1. Recoñecer os graos de iconicidade en imaxes presentes no ámbito comunicativo. 

B2.2. Distinguir e crear tipos de imaxes segundo a súa relación significante-significado: símbolos e iconas. 

B2.3. Analizar e realizar cómics aplicando os recursos de adecuadamente. 

B2.4. Diferenciar e analizar os elementos que interveñen nun acto de comunicación. 

B2.5. Recoñecer as funcións da comunicación. 

             Bloque 3. Debuxo técnico 

B3.1. Comprender e empregar os conceptos espaciais do punto, a liña e o plano. 

B3.2. Construír distintos tipos de rectas, utilizando a escuadra e o cartabón, despois de repasar previamente estes conceptos. 

B3.3. Coñecer con fluidez os conceptos de circunferencia, círculo e arco.

B3.4. Utilizar o compás, realizando exercicios variados para familiarizarse con esta ferramenta. 

B3.5. Comprender o concepto de ángulo e bisectriz e a clasificación de ángulos agudos, rectos e obtusos. 

B3.6. Estudar a suma e a resta de ángulos, e comprender a forma de medilos. 

B3.7. Estudar o concepto de bisectriz e o seu proceso de construción. 

B3.8. Diferenciar claramente entre recta e segmento tomando medidas de segmentos coa regra ou utilizando o compás. 

B3.9. Trazar a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra, e tamén utilizando regra, escuadra e cartabón. 

B3.10. Estudar as aplicacións do teorema de Thales. 

B3.11. Coñecer lugares xeométricos e definilos. 

B3.12. Comprender a clasificación dos triángulos en función dos seus lados e dos seus ángulos. 

B3.13. Construír triángulos coñecendo tres dos seus datos (lados ou ángulos). 

B3.14. Analizar as propiedades de puntos e rectas característicos dun triángulo. 

B3.15. Coñecer as propiedades xeométricas e matemáticas dos triángulos rectángulos, e aplicalas con propiedade á construción destes. 

B3.16. Coñecer os tipos de cuadriláteros. 

B3.17. Executar as construcións máis habituais de paralelogramos. 

B3.18. Clasificar os polígonos en función dos seus lados, recoñecendo os regulares e os irregulares. 

B3.19. Estudar a construción dos polígonos regulares inscritos na circunferencia.

Criterios de avaliación 3º ESO


          Bloque 1. Expresión plástica 

B1.1. Coñecer e aplicar os métodos creativos gráfico-plásticos aplicados a procesos de artes plásticas e deseño. 

B1.2. Crear composicións gráfico-plásticas persoais e colectivas. 

B1.3. Debuxar con distintos niveis de iconicidade da imaxe. 

B1.4. Identificar e diferenciar as propiedades da cor luz e a cor pigmento. 

B1.5. Coñecer e aplicar as posibilidades expresivas das técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. Témpera e lapis de grafito e de cor; colaxe. 


            Bloque 2. Comunicación audiovisual 

B2.1. Identificar os elementos e factores que interveñen no proceso de percepción de imaxes. 

B2.2. Recoñecer as leis visuais da Gestalt que posibilitan as ilusións ópticas e aplicar estas leis na elaboración de obras propias. 

B2.3. Coñecer os fundamentos da imaxe en movemento e explorar as súas posibilidades expresivas. 

B2.4. Identificar significante e significado nun signo visual. 

B2.5. Describir, analizar e interpretar unha imaxe, distinguindo os seus aspectos denotativo e connotativo. 

B2.6. Analizar e realizar fotografías comprendendo e aplicando os fundamentos desta. 

B2.7. Utilizar de xeito axeitado as linguaxes visual e audiovisual con distintas funcións. 

B2.8. Identificar e recoñecer as linguaxes visuais apreciando os estilos e as tendencias, valorando, e respectando do patrimonio histórico e cultural, e gozando del. 

B2.9. Identificar e empregar recursos visuais como as figuras retóricas na linguaxe publicitaria. 

B2.10. Apreciar a linguaxe do cine analizando obras de xeito crítico, situándoas no seu contexto histórico e sociocultural, e reflexionando sobre a relación da linguaxe cinematográfica coa mensaxe da obra. 

B2.11. Comprender os fundamentos da linguaxe multimedia, valorar as achegas das tecnoloxías dixitais e ser capaz de elaborar documentos mediante este. 

Bloque 3. Debuxo técnico 

B3.1. Coñecer lugares xeométricos e definilos. 

B3.2. Clasificar os polígonos en función dos seus lados, recoñecendo os regulares e os irregulares. 

B3.3. Estudar a construción de polígonos regulares coñecendo o lado. 

B3.4. Comprender as condicións dos centros e as rectas tanxentes en distintos casos de tanxencia e enlaces. 

B3.5. Comprender a construción do óvalo e do ovoide básicos, aplicando as propiedades das tanxencias entre circunferencias. 

B3.6. Analizar e estudar as propiedades das tanxencias nos óvalos e nos ovoides. 

B3.7. Aplicar as condicións das tanxencias e enlaces para construír espirais de dous, tres, catro e cinco centros. 

B3.8. Estudar os conceptos de simetrías, xiros e translacións aplicándoos ao deseño de composicións con módulos. 

B3.9. Comprender o concepto de proxección e aplicalo ao debuxo das vistas de obxectos, con coñecemento da utilidade das anotacións, practicando sobre as tres vistas de obxectos sinxelos e partindo da análise das súas vistas principais. 

B3.10. Comprender e practicar o procedemento da perspectiva cabaleira aplicada a volumes elementais. 

B3.11. Comprender e practicar os procesos de construción de perspectivas isométricas de volumes sinxelos. 

2.-CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Esta materia, polo seu carácter teórico-práctico e integrador, permite o desenvolvemento de todas as competencias clave.
Conciencia e expresións culturais. O desenvolvemento desta competencia está directamente relacionado coa materia de Educación plástica visual e audiovisual xa que integra actividades e procesos creativos que permiten profundizar nos aspectos estéticos e culturais do panorama artístico actual, favorecéndose, deste xeito, a sensibilidade artística e a alfabetización estética. A través da identificación e experimentación cos elementos expresivos de diversos materiais, soportes, ferramentas e técnicas de expresión, o alumnado poderá tomar conciencia das súas propias necesidades creativas e artísticas, favorecendo a creación dunha linguaxe persoal e desenvolvendo a capacidade de analizar e comprender a importancia da actividade artística, en todas as súas formas, como medio comunicativo e expresivo.
Comunicación lingüística. Será desenvolvida durante todo o curso a través dos bloques de contido, xa que os alumnos terán compreder a través de apuntamentos e explicar os coñecementos adquiridos, tanto de forma oral como escrita, ao mesmo tempo que aprenden a usar un amplo vocabulario específico da materia.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. A adquisición da competencia matemática prodúcese a través da aplicación do razonamento matemático e do pensamento lóxico e espacial, para explicar e describir a realidade a través da linguaxe simbólica, así coma profundizar no coñecemento de aspectos espaciais da realidade coa xeometría e a representación obxectiva das formas. Coa utilización de procedementos relacionados co método científico, como a observación, a experimentación e o descubrimiento e a reflexión posterior, potenciando o pensamiento crítico, contribuirase á adquisición das competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía, desenvolvendo tamén destrezas que permiten empregar e manipular diferentes ferramentas tecnolóxicas.
Competencia dixital. Desenvolverase a través do uso das Tecnoloxías da información e a comunicación, como medio de búsqueda e selección de información, utilizándoa de xeito crítico e reflexivo, así coma a súa transmisión en diferentes soportes para a realización de proxectos. Tamén proporciona destrezas no uso de aplicacións ou programas informáticos para a creación ou manipulación de imaxes e documentos audiovisuais, amosándolles un panorama creativo máis cercano e actual.
Aprender a aprender. Potenciarase a través da investigación, experimentación e aplicación práctica dos contidos por parte do alumnado, integrando unha pescuda persoal das súas propias formas de expresión no proceso creativo, participando de xeito autónomo na resolución de problemas e organizando a súa propia aprendizaxe a través da xestión do tempo e a información. O alumnado desenvolverá a capacidade de superar os obstáculos coa fin de culminar a aprendizaxe con éxito, fomentando a motivación, a confianza nun mesmo, e aplicando o aprendido a diversos contextos.
Competencias sociais e cívicas. A través do traballo en equipo suscitaranse actitudes de respecto, tolerancia, cooperación, flexibilidade e favorecerase a adquisición de habilidades sociais. O traballo con ferramentas propias da linguaxe visual proporciona experiencias directamente relacionadas coa diversidade de respostas ante un mesmo estímulo e a aceptación das diferenzas. Os alumnos elaboran e expoñen os seus propios proxectos enfocados á resolución dun problema, de maneira que deben desenvolver a capacidade de comunicarse constructivamente e con respecto, expresando e comprendendo puntos de vista diferentes.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. Un proxecto creativo require planificar, xestionar e tomar decisións; por iso os contidos da materia promoven a iniciativa, a innovación, a autonomía e a independencia, como factores que contribúen á aprendizaxe eficaz e ao desenvolvemento persoal do alumnado. Igualmente, foméntase a habilidade para traballar tanto individualmente como de maneira colaborativa e asumir responsabilidades; potenciando a capacidade de pensar de xeito creativa, o pensamiento crítico e o sentido da responsabilidade.
4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Avaliarase positivamente EN TODOS OS CURSOS:
A participación na clase cando o desenvolvemento desta o requira.
A realización das propostas de traballo no modo e prazo indicados.
A limpeza e orde na execución e presentación dos traballos.
A asistencia puntual á clase co material requerido para cada circunstancia.
O respecto ó traballo dos compañeiros.
O coidado e limpeza dos materiais de uso común.
O aproveitamento demostrado do tempo de clase.
A asimilación dos conceptos e a súa conversión en realizacións prácticas.
A nota global de xuño obterase coa media das seguintes porcentaxes: primeiro trimestre 17%, o segundo 34% e o terceiro 49%.
Publicidade: Ós pais se lles informará na reunión de pais inicial de curso e ós alumnos nos primeiros días de clase. A programación estará no entanto a disposición de pais e alumnos.

8.- ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUEMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES:

 Para recuperar esta área como materia pendente doutros anos, como extraordinaria de maio, terán que presentar un número de actividades, entre 8 e 10, que se lles notificará uns meses antes, e irán entregando de un en un cada dúas semanas ó profesor desta materia ou ó titor, se se dera o caso, ata a convocatoria extraordinaria de Maio, dacordo cos contidos esixibles xa indicados na programación. De non entregaren algún traballo no día marcado poderá recuperalo outro día pero sempre antes do mes de maio. Cada traballo será calificado do 1 ao 10 sendo apartires do 5 o aprobado.
Para recuperar a materia en setembro dentro do sobre do boletín de notas, incluiríase un folio con todos os exercicios expecificados e apoiados por apuntamentos e a dirección da páxina do Blog de Plástica para máis axuda. Nos traballos de setembro e avaliacións extraordinarias (maio) será obrigatorio a entrega de TODOS os traballos esixidos. De non ser así non se dará por aprobado  o traballo. Terán que entregalo na data que aparece no calendario de exames. Cada traballo será calificado do 1 ao 10 sendo apartires do 5 o aprobado
Publicidade: Ós pais se lles informará  na reunión de pais inicial de curso e ós alumnos nos primeiros días de clase. A programación estará no entanto a disposición de pais e alumnos.