11 enero 2012

Traballo de recuperación de 3º ESO (Convocatoria Maio)

 Para facilitarte o traballo tes programas e exemplos neste mesmo blog:
  • Realiza unha lámina con catro diedros cos seus correspondentes planos de abatemento nos que proxectes catro puntos diferentes. Lembra escribir a COTA o ALONXAMENTO e, PV, PH e LT coa letra adecuada. Consulta o blog se tes dudas. Día de entrega 27 de Xaneiro.
  • Realiza unha lámina con catro diedros cos seus correspondentes planos de abatemento nos que proxectes catro liñas diferentes. Lembra escribir a COTA, ALONXAMENTO, DISTANCIA (se procede), PV, PH e LT coa letra adecuada.Día de entrega 10 de Febreiro.
  • Realiza unha lámina con catro diedros cos seus correspondentes planos de abatemento nos que proxectes catro planos diferentes (con tres puntos vale). Lembra escribir a COTA, ALONXAMENTO, DISTANCIA (se procede), PV, PH e LT coa letra adecuada. Día de entrega 24 de Febreiro.
  • Debuxa en catro láminas figuras ou paisaxes realistas con sombras nos que utilices. Se non atopas ningún modelo pídemo.
  1. na 1ª un lapis 3 ou 4B, Día de entrega 2 de Marzo.
  2. na 2ª un grafito, Día de entrega 9 de Marzo.
  3. na 3ª un carboncillo, Día de entrega 16 de Marzo
  4. na 4ª un estilografo. Día de entrega 23 de Marzo.
  • Elabora un traballo A MAN, non a ordenador, no que contes a historia do cine (abonda con tres páxinas). Os seus comenzos, o paso do cine mudo ao cine sonoro e ao cine de cor (thecnicolor). Día de entrega 13 de Abril.

  • Intenta conseguir as películas que vimos na clase (The Kid, Cantando Bajo la Lluvia, Con faldas y a lo Loco). De non as atopares busca unha película muda, unha en branco e negro sonora dos anos 20, 30, 40 ou 50, e unha película a cor dos anos 50 ou 60 (mellor comedias). Fai un resumo de cada unha delas. Elabora unha ficha como o farías dun libro (Productor, director, ano, país, actores principais, argumento e opinión persoal). Día de entrega 4 de Maio.
Recorda facer cada un dos traballos ou actividades limpos e ordenados. É obrigatorio entregar todas as actividades na data acordada. De faltar aínda que sexa unha soa non se dará por aprobada a asignatura.