11 enero 2012

Recuperación de maio para 1º ESO

Traballo de Plástica de Maio para recuperar 1º da ESO

Nome ……….......…..........…. Apelidos ………......................……………………..….. curso …………
  1. Realiza nunha lámina un debuxo libre con puntos de varias cores (ten que estar moi chea destes e mestúraos, lembra que quede moi limpo e utiliza rotuladores de grosor medio). Día de entrega 27 de Xaneiro.
  2. Realiza nunha lámina un debuxo libre con liñas de varias cores (ten que estar moi chea destas e mesturas as cores, podes cruzalas ou poñelas en paralelo. Lembra que quede moi limpo e utiliza rotuladores de grosor fino). Día de entrega 10 de Febreiro. 
  3. Fai un cadro Surrealista ( os soños ou o imposible) con recortes de cartulinas de cores (recorta primeiro os elementos do teu cadro, fai despois a composición que máis che guste e finalmente pega con coidado.. Que non queden manchas de pegamento). Día de entrega 24 de Febreiro. 
  4. Realiza un debuxo sobre o Entroido só coas tres cores primarias (azul Cian, Maxenta e Amarelo) sen misturalas (que estea ben coloreada, é dicir, QUE NON SE VEXA O BRANCO DA LÁMINA). Día de entrega 2 de Marzo. 
  5. Realiza un debuxo só coas tres cores primarias no que expreses a ALEGRÏA pero esta vez podes mesturalas de dúas en dúas ou de tres en tres. Fai un Pantone (un cadradiño con cada cor que utilices e o numeras) por detrás da lámina coas cores que obteñas, cantas máis mellor (colorea ben, xa sabes como…). Día de entrega 9 de Marzo. 
  6. Debuxa nunha lámina as tres formas distintas de facer unha Espiral e pásaas a tinta (recorda o resultado, ou sexa as espirais, a 0´8 e o resto a 0´2. Non te esquezas das letras). Día de entrega 23 de Marzo. 
  7. Fai agora un debuxo con tres Espirais e coloréao ben: QUE NON SE VEXA O BRANCO DA LÁMINA). Día de entrega 30 de Marzo. 
  8. Debuxa nunha lámina a forma de facer un óvalo e a forma de facer un ovoide e pásao a tinta (recorda o resultado, ou sexa os óvalos, a 0´8 e o resto a 0´2. Non te esquezas das letras). Día de entrega 13 de Abril. 
  9. Fai agora un debuxo con tres óvalos ou ovoides coloréao ben: QUE NON SE VEXA O BRANCO DA LÁMINA. Día de entrega 27 de Abril. 
  10. Realiza un debuxo dunha Cara Proporcionada coas medidas (un ovoide de 14 cm de ancho) e proporcións que xa demos na clase. Coloréaa ben (lembra que na metade da cara se situan os ollos, que a liña dos ollos se divide en cinco partes, que dúas destas partes as ocupan os ollos, que na metade dos ollos e a barbilla está o nariz e que na metade do nariz e a barbilla está o beizo inferior). Día de entrega 4 de Maio.
OBSERVACIÓNS: 

Non se dará por válida ningunha lámina que se presente MAL COLOREADA, isto quere dicir, que non se pode ver o branco do fondo da lámina e lembra que tes que calcar cos lápis de cores pero non co lápis de grafito. Tampouco se dará por valida as láminas de debuxo técnico sen pasar a tinta ou mal pasadas. Fíxate ben nas pautas que che dou en cada traballo. É OBRIGATORIO ENTREGAR AS DEZ LÁMINAS NO DÍA ACORDADO, SE FALTA ALGUNHA NON SERÁ APROBADO O TRABALLO.

Se tes dudas pregúntame e para axudarte máis visita o blog: scpplastica.blogspot.com